Anuncios 
Noticias 
Notas 
Actos 
Concertos 
carnet xove 
ofic. de información 
info xeral 
oficiñas tive 
info da Xunta 
actividades 
albergues 
campamentos 
casas da xuventude 
residencias 
publicacións 
centros de formación 
colocación 
centr. de colaboración 
s.g. de colocación 
cibers 
asociacións 
culturais-deportivas  
ecoloxistas 
xuventude 
ONGs 
sociedade e axuda 
tribuna libre 
alumnos 
profesores 
centros escolares 

MULTIMEDIA 
xogos 
fondos de escritorio 
becas 

 
Thursday, 09 de September del 2010  
Taboleiro de Anuncios   Noticias Concertos
    
 CERTÁMENES / BASES
<< VOLVER
IV PREMIO DE NOVELA MANUEL GARCÍA BARROS
CONVOCA
O Excmo. Concello de Estrada en Colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Edit. Galaxia
O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis preciados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable, significado no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e posibilita unha mellora no ámbito da Literatura e é polo que así entendido, no proceso de Normalización Cultural crea: O Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades). Asemande, deste xeito quere testemuña-la admiración e respecto e mante-la presencia do ilustre académico e galeguista Don Manuel García barros, mestre e fillo deste Concello, contribuíndo así ó espallamento da súa persoa e maila importante aportación que a súa obra fixo ás Letras Galegas.
TEMA
Literatura Galega
CATEGORIAS
Poderán concorrer ó premio tódolos autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos, acordes coa normativa oficial vixente en lingua Galega.
PREMIOS
Un único premio indivisible , cunha dotación económica de 9.015 euros

DESCRIPCION
O Acto de entrega do devandito XV Premio de Novela Manuel García Barros, será no día, lugar e hora que se comunicará oportunamente

Os orixinais serán presentados por sextuplicado en papel tamaño folio ou en holandesa, mecanofrafados a dobre espacio, na Casa no Concello, Praza da Constitución, 1 - 36680 A Estrada (Pontevedra)
Con cada orixinal deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor, asi como o título da novela

O Xurado estará composto por cinco membros escolleitos entre recoñecidas figuras do mundo da cultura actuando un deles como Secretario a proposta e en representación da Corporación do Excmo. Concello da Estrada. O premio concederase por maioria de votos.
A Composición do Xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicará oportunamente.
O premio poderá ser declarado deserto.

O Excmo. Concello da Estrada resérvase, durante o prazo de un ano, os dereitos de publica-la obra premiada, en tódalas linguas do Estado. Neste sentido, o autor renunia a favor do Concello da Estrada, na primeira edición, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor

No caso da súa solicitude por escrito, enviaranse ós autores e ó seu cargo, nun prazo de tres meses, aqueles orixinais non premiados. Transcorrido dito prazo serán destruídos

A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do Xurado designado que serán inapelables.

Os orixinais deberán ser entregados antes do 21 de marzo de 2003
O Xurado emitira o seu fallo no curso dun acto que se celebrará o día 20 de xuño de 2003 no Salón de Plenos do Concello da Estrada
PATROCINAN
O Excmo. Concello da Estrada, Conselleria de Educación e Ordenacilón Universitaria da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia