VIII EDICIÓN CERTAME LITERARIO MANUEL ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ
CONVOCA
CONCELLO DE PARADELA
TEMA
Narrativa e Poesía
PREMIOS
Establécese un premio de 600 euros para a obra que resulte seleccionada polo xurado dentro do apartado de Poesía e outro de 600 euros para a obra que resulte seleccionada polo xurado dentro do apartado de Narrativa.
DESCRIPCION
Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios, sen mínimo; a obra de poesía terá unha extensión máxima de 100 versos; En ámbolos dous casos escritos a máquina e a dobre espacio. Deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concursos e estar escritos en galego ou en castelán.
O xurado designado polo Excmo. Concello de Paradela emitirá o seu fallo e faráse público polos medios de comunicación; comunicándose persoalmente ós gañadores.
O xurado pode deixar deserto o premio nun ou dous apartados e a súa decisión será inapelable.
As obras premiadas pasarán a ser propiedade do Excmo. Concello de Paradela, que se reserva o dereito a publicalas.
O autor ou autores premiados convocaránse ó auto de entrega dos premios, o día que establezca o xurado.
A resolución de tódalas cuestións que poidan xurdir ou plantexarse nesta convocatoria, é da exclusiva competencia do Excmo. Concello de Paradela e do Xurado.
O prazo de entrega dos relatos e da obra poética rematará o 30 de novembro de 2002. Presentaráse no Rexistro de entrada do Concello de Paradela, por triplicado exemplar, sen sinatura e cun lema. Xuntarase un sobre no que figure o devandito lema e dentro del unha cuartilla co nome, dous apelidos e teléfono do autor, cunha declaración de que o relato ou a obra poética é axustada ás normas contidas na base segunda. Abriránse somentes os sobres dos traballos premiados.
No caso de participación en ámbolos dous apartados, deberáse concursar en cada apartado por separado, utilizando un lema propio en cada caso e presentando a obra por separado.