| DESCRIPCION
Poderán ser destinatarios do premio as persoas físicas ou xurísticas que exerzan calquera actividade mercantil na Comunidade Autónoma de Galicia e teñan desenvolvido accións orientada á protección da familia.
As candidaturas, propostas polos membros do xurado, irán acompañadas dunha memoria explicativa dos valores e méritos de cada unha delas, que lles permita ós membros do xurado valorar cada proposta.
O exame das memorias presentadas e, se é o caso, a proposta do premio corresponderalle a un xurado seleccionador, a composición do cal se axustará ó establecido no artigo 6 do Decreto 80/2002, do 7 de marzo, polo que se establece o premio A empresa en favor da familia.
O procedemento de actuación do xurado será o seguinte:
• O xurado será convocado pola presidenta, podendo xuntarse cantas veces esta coide oportuno.
• Para a válida constitución do órgano, para os efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, requirírase a presencia da presidenta e o secretario/a e a da metade, polo menos, dos sus membros.
• O xurado adoptará os seus acordos por maioría de votos, dirimindo o voto de calidade da presidenta en caso de empate. A decisión do xurado seá inapelable.
• O xurado poderá declara-lo premio deserto
• Correpóndelle ó secretario/a do xurado levantar acta das sesións.
A proposta do xurado elevarase á consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado que resolverá. A resolución da concesión do premio, que lle pon fin á vía administrativa, publicarase no Diario Oficial de Galicia.
A entrega do citado premio rexerase polo disposto no artígo 7 do citado decreto. A dita entrega terá lugar o 15 de maio desde ano, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Familia.
7) A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnado polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
|