CONVOCA
Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia convoca o premio
“GERARdO GARcíA cAMPOs” á mellor iniciativa empresarial no sector TIc 2007,
patrocinado pola FUNdAcIÓN INGENIERO GERARdO GARcíA cAMPOs.
coa concesión deste premio preténdese dar un impulso económico, empresarial e social
a aquelas empresas que están empezando a súa andaina. A convocatoria farase pública
na páxina web www.aetg.org, no diario dixital, así como nas notas de prensa que se
remitirán aos distintos medios de comunicación.
1. Obxectivo do premio:
O obxectivo do premio é recoñecer un proxecto empresarial emerxente no ámbito das
Tecnoloxías da Información e as comunicacións, TIc, que destaque nalgunha das áreas
seguintes:
- Introdución das TIc en sectores onde aporten valor en procesos tradicionais.
- desenvolvemento de produtos aplicables en mercados amplos.
- Orientación a exportación.
- creación de emprego tecnolóxico.
- Actividade en I+d+i.
- Aumento do espectro de valor no sector das TIc (contidos).
- desenvolvemento de produtos de interese social.
En definitiva calquera proxecto que represente unha innovación no sector das
PREMIOS
A dotación do premio é de 6.000 Euros.
DESCRIPCION
3. Ámbito da convocatoria:
Poden concorrer ao premio todas as pequenas e medianas empresas (pemes) privadas
españolas relacionadas co sector das TIc que leven constituídas menos de cinco anos na
data da convocatoria.
Por ser a Fundación de interese galego e contar co protectorado da consellería de
Innovación, Industria e comercio da Xunta de Galicia, os proxectos que se presenten
deben ter un claro vínculo coa comunidade galega tendo que cumprir algún dos seguintes
requisitos:
- Que os socios fundadores sexan galegos
- Que a sede social estea en Galicia
- Que o proxecto empresarial repercuta nun beneficio evidente para a nosa
comunidade: socialmente, no sector industrial, ou nos sectores tradicionais
(gandería, agricultura ou pesca)
4. Documentación a aportar:
Aquelas empresas que desexen optar ao premio deben aportar a seguinte documentación:
Información sobre a empresa: Breve historia da empresa.
Memoria explicativa do proxecto ou proxectos que se consideren de mérito para o premio:
- descrición técnica
Con un mínimo de 5 folios.
5. Presentación e prazo de entrega:
Ambos documentos enviaranse por correo electrónico ás direccións:
administracion@coetg.es
aetg@aetg.org
Indicando en Asunto: “Premio Gerardo García campos”
O prazo de recepción das memorias rematará o sábado 29 de setembro de 2007
6. Composición do xurado e procedemento de concesión do premio:
O Xurado encargado da adxudicación do premio estará formado por nove membros: Presidente,
Vicepresidente, secretario e seis Vocais. Exercerá como Presidente do xurado
un patrón/a da Fundación Ingeniero Gerardo García campos e como Vicepresidente e
secretario, os membros da AETG que designe a Xunta directiva. Os seis vocais serán
representantes da secretaría Xeral de comunicación, da dirección Xeral de comunicación
Audiovisual e das empresas e asociacións das Telecomunicacións e da sociedade da
Información, que serán nomeados conxuntamente entre a AETG e a Fundación Ingeniero
Gerardo García campos.
Na concesión do premio valorarase en grande medida a viabilidade do proxecto a medio
e longo prazo.
O xurado poderá invitar a novas empresas TIc a presentarse ao premio
A decisión do xurado será inapelable.
7. Publicación do fallo e entrega do premio:
A entrega do premio farase durante o transcurso da Noite Galega das Telecomunicacións
e a sociedade da Información 2007.
O prazo de recepción das memorias rematará o sábado 29 de setembro de 2007