Anuncios 
Certames 
Noticias 
Notas 
Actos 
Concertos 
carnet xove 
ofic. de información 
info xeral 
oficiñas tive 
info da Xunta 
actividades 
albergues 
campamentos 
casas da xuventude 
residencias 
publicacións 
centros de formación 
colocación 
centr. de colaboración 
s.g. de colocación 
cibers 
asociacións 
culturais-deportivas  
ecoloxistas 
xuventude 
ONGs 
sociedade e axuda 
tribuna libre 
alumnos 
profesores 
centros escolares 

MULTIMEDIA 
xogos 
fondos de escritorio 
becas 

    
 
Friday, 09 de May del 2008  
Taboleiro de Anuncios   Certames Noticias Concertos
 CARNET XOVE

¿Gustaríache acceder a un montón de servicios como viaxes, deportes, música, moda, cursos, …? Seguro que sí. Poderás disfrutar destes servicios e moitos outros cunha morea de vantaxes para ti, en Galicia, con so te-lo Carné Xove nas túas mans durante os próximos anos

Finalidade
O seu obxectivo é facilitar ós mozos e mozas de 12 a 25 anos o acceso a diferentes bens e servicios a través de descontos ou vantaxes, tanto no territorio nacional como nos 40 países europeos nos que o carné xove euro<26 está implantado.

Para moz@ entre 26 e 30 anos
GOZA DAS VANTAXES MÁIS EN GALICIA
(ver CARNET MÁIS )


Vantaxes
Permítelle ós seus titulares un acceso privilexiado a diferentes bens e servicios que abranguen tódolos ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. Así mesmo, os posuidores do carné xove euro<26 teñen un seguro gratuíto que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidan facer fronte ós imprevistos que poidan xurdir nos viaxes.

Ademáis, entre as prestacións do carné xove euro<26 destacan os servicios financeiros e as garantías no estranxeiro, a través dos cales a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado pretende fomenta-lo desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións da vida cotiá dos mozos e mozas galegos.

Destinatarios
Tódolos mozos e mozas entre 12 e 25 anos, ámbolos dous inclusive.

Expedición
É preciso cubrir un impreso, presentar unha foto, o DNI e pagar 6 €. Pódese obter nos Servicios de Xuventude das Delegacións Provinciais da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, nas Oficinas Locais de Pontevedra e Ferrol, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela, nas oficinas municipales de información xuvenil integradas na rede galega de información e documentación xuvenil, nas oficinas de servicios integrados para a xuventude, estas últimas situadas nos sete campus das tres universidades galegas e nalgunas oficinas de Caixa Galicia.

Ámbito e Cobertura
Pódese usar naqueles establecementos e servicios que figuran na guía carné xove euro<26, que se entrega gratuitamente co carné.

Validez
Este carné ten unha vixencia de dous anos contados a partir da data da súa expedición. O dito carné podese expedir como modelo clásico ou como modelo combinado carné xove euro<26 xunto coa tarxeta bancaria.