Anuncios 
Noticias 
Notas 
Actos 
Concertos 
carnet xove 
ofic. de información 
info xeral 
oficiñas tive 
info da Xunta 
actividades 
albergues 
campamentos 
casas da xuventude 
residencias 
publicacións 
centros de formación 
colocación 
centr. de colaboración 
s.g. de colocación 
cibers 
asociacións 
culturais-deportivas  
ecoloxistas 
xuventude 
ONGs 
sociedade e axuda 
tribuna libre 
alumnos 
profesores 
centros escolares 

MULTIMEDIA 
xogos 
fondos de escritorio 
becas 

 
Monday, 06 de September del 2010  
Taboleiro de Anuncios   Noticias Concertos
    
 NOTAS
  [VOLVER
O CNT asóciase co Linux Professional Institute  
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia convértese no primeiro centro público galego en asociarse co Linux Professional Institute (LPI) que oferta unha variada gama de certificacións, que teñen un recoñecido prestixio e validez a nivel mundial.

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vén de converterse no primeiro centro público de Galicia en asociarse co Linux Professional Institute (LPI). Ademais, isto supón tamén que o CNTG é o segundo centro público asociado AAP (Asociated academic partner) do LPI en España. Deste xeito, o CNTG, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, funcionará como un centro formativo asociado ao LPI, unha organización sen ánimo de lucro dedicada a certificación de profesionais de Linux. De feito, este Instituto oferta unha variada gama de certificacións para os profesionais do sector, todas elas cun recoñecido prestixio e con validez a nivel mundial. Ademais, este programas de certificación están en continua revisión e definición de contidos, sempre en contacto coa industria do sector, para poder determinar –e formar- aos perfís idóneos do profesional de Linux. Para poder ser un centro LPI AAP, como o Centro de Novas Tecnoloxías, é preciso ser un centro de ensino público e sen ánimo de lucro. Cómpre destacar, tamén, que ser un centro asociado supón que os docentes que impartan os cursos deben estar certificados no LPI, o que supón unha garantía no que respecta aos coñecementos dos instrutores. Os exames de certificación efectuaranse no CNTG, dirixidos aos estudantes que realizasen a formación neste mesmo centro. Os exames contarán coa presenza dun representante do LPI e se efectuarán, segundo os requerimentos establecidos por este Instituto, en soporte de papel e non en ordenador.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia
2010-01-25

 
OTRAS NOTAS
Santiago de Compostela acoge este fin de semana la Peregrinación de las Familias
Cidade de Lugo Fluvial, campión de España de Triatlón en cadete femenino
Volta ao cole: Educación convoca axudas para a compra de libros de texto
A semana animada Xacobeo 2010 inclúe a proxección de animación de Filmax
Leonard Cohen, o 12 de Setembro en Ourense
O Museo de Pontevedra acolle a mostra Novos valores
A TIC cubre máis do 80% da prazas para cursar estudos na Escola de Imaxe e Son de Lugo
Mark Knopfler ofrece en Compostela un dos concertos estelares do Xacobeo 2010
Xuventude inicia a campaña Libre para fomentar unha condución segura
2 millóns de euros para iniciativas empresariais de base tecnolóxica