Anuncios 
Noticias 
Notas 
Actos 
Concertos 
carnet xove 
ofic. de información 
info xeral 
oficiñas tive 
info da Xunta 
actividades 
albergues 
campamentos 
casas da xuventude 
residencias 
publicacións 
centros de formación 
colocación 
centr. de colaboración 
s.g. de colocación 
cibers 
asociacións 
culturais-deportivas  
ecoloxistas 
xuventude 
ONGs 
sociedade e axuda 
tribuna libre 
alumnos 
profesores 
centros escolares 

MULTIMEDIA 
xogos 
fondos de escritorio 
becas 

 
Monday, 06 de September del 2010  
Taboleiro de Anuncios   Noticias Concertos
    
 NOTAS
  [VOLVER
Ritz-Carlton busca alumnos de dirección hoteleira no CSHG  
A cadea de hoteis de luxo é a primeira en acudir ao Centro Superior de Hostelería de Galicia buscando alumnos para dirección hoteleira. Agárdase a visita de Barceló, NH, Sol Meliá, Fiesta, Marriott, Sheraton, Vincci, AC, Hesperia, Accor, Riu, Paradores, Iberostar o Hyatt.

Responsables da cadea hoteleira Ritz Carlton acoden ao Centro Superior de Hostelería de Galicia para facer unha presentación da empresa aos alumnos. A finalidade da acción é captar alumnos en prácticas en dirección hoteleira (3º de Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras e de Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras). Así, mañá terán lugar as entrevistas persoais entre os alumnos e a cadea, que conta con 71 hoteis de luxo nas capitais e principais cidades de 23 países. Entre xaneiro e marzo, as principais cadeas hoteleiras e establecementos hosteleiros, visitan o CSHG para darse a coñecer e captar alumnos. Ademais de Ritz-Carlton, polo Centro tamén pasarán Barceló, NH, Sol Meliá, Fiesta, Marriot, Sheraton, Vincci, AC, Hesperia, Accor, Riu, Paradores, Iberostar, Hyatt ou Mandarín. O obxectivo é que os case 400 alumnos que estudan no Centro fagan prácticas de verán, que teñen unha duración que oscila entre as 10 semanas (Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras e Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña) e as 20 semanas (Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras). A formación no CSHG ofrece aos alumnos a oportunidade de facer prácticas todos os anos en establecementos hostaleiros de todo o mundo. As prácticas son obrigatorias porque é unha parte máis do plan de estudos que os propios alumnos deben superar se queren pasar de curso. O obxectivo principal é que o alumno coñeza en profundidade os departamentos operativos (Servizos, Cociña e Aloxamento) e de xestión de hoteis, perciba a realidade do sector e poña en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso para adaptalos á realidade hostaleira. O curso pasado, os alumnos estiveron de prácticas en hoteis de toda España e noutros países como China, México, Angola, Israel, Vietnam, Túnez, Mónaco, Xamaica, República Dominicana, Holanda, Alemaña, Inglaterra, Irlanda, Portugal, Bélxica, Francia, Luxemburgo, Malta e República Checa. O Centro Superior de Hostelaría de Galicia (CSHG), esta na Barcia, en Santiago de Compostela. Integrado na Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, TURGALICIA, S.A. e vinculado á Universidade de Santiago de Compostela, iniciou o seu labor docente no 1994 co obxectivo de satisfacer unha demanda do sector turístico e da hostalería de Galicia. Na actualidade conta con 400 alumnos, futuros directivos hostaleiros e máis de 1.400 ex alumnos que traballan en establecementos hostaleiros de todo o mundo.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia
2010-01-26

 
OTRAS NOTAS
Santiago de Compostela acoge este fin de semana la Peregrinación de las Familias
Cidade de Lugo Fluvial, campión de España de Triatlón en cadete femenino
Volta ao cole: Educación convoca axudas para a compra de libros de texto
A semana animada Xacobeo 2010 inclúe a proxección de animación de Filmax
Leonard Cohen, o 12 de Setembro en Ourense
O Museo de Pontevedra acolle a mostra Novos valores
A TIC cubre máis do 80% da prazas para cursar estudos na Escola de Imaxe e Son de Lugo
Mark Knopfler ofrece en Compostela un dos concertos estelares do Xacobeo 2010
Xuventude inicia a campaña Libre para fomentar unha condución segura
2 millóns de euros para iniciativas empresariais de base tecnolóxica