Anuncios 
Noticias 
Notas 
Actos 
Concertos 
carnet xove 
ofic. de información 
info xeral 
oficiñas tive 
info da Xunta 
actividades 
albergues 
campamentos 
casas da xuventude 
residencias 
publicacións 
centros de formación 
colocación 
centr. de colaboración 
s.g. de colocación 
cibers 
asociacións 
culturais-deportivas  
ecoloxistas 
xuventude 
ONGs 
sociedade e axuda 
tribuna libre 
alumnos 
profesores 
centros escolares 

MULTIMEDIA 
xogos 
fondos de escritorio 
becas 

 
Monday, 06 de September del 2010  
Taboleiro de Anuncios   Noticias Concertos
    
 NOTAS
  [VOLVER
O cineasta norteamericano Jem Cohen imparte unha master class no CGAI  
Abordarase o tema do documental como unha forza lírica, demostrando e argumentando a maneira en que a información se pode converter na base para películas que están na encrucillada dos xéneros documental, narrativo e experimental.

O cineasta estadounidense Jem Cohen imparte, o xoves 18 de febreiro, unha Master Class no Centro Galego de Artes da Imaxe (rúa Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña). Dita clase, que terá unha duración de dúas horas comezando ás cinco da tarde, coincide co ciclo que se dedica a esta figura ao longo dos meses de febreiro e marzo de 2010, e se desenvolverá no Auditorio da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24), sendo a entrada libre, previa inscrición. Jem Cohen abordará o tema do documental como unha forza lírica, demostrando e argumentando a maneira en que a información do mundo actual se pode converter na base para películas que están na encrucillada dos xéneros documental, narrativo e experimental. O enfoque de Cohen con respecto ao documental anima a romper coas limitacións tradicionais a través dunha serie de preguntas: os filmes políticos deben adoptar formas radicais?; pode unha película ser un tipo de música?; cal é o papel do documental fóra da corrente principal do cine, pode ser ao tempo accesible e subversivo? A clase estruturarase como un debate ilustrado, empregando curtas e extractos das películas urbanas de Cohen e filmes musicais, incluíndo NYC Weights and Measures , Instrument (Fugazi) e a recente curta, Night Scene New York . A figura de Cohen Estadounidense nado en Cabul (Afganistán) en 1962, Jem Cohen comeza a filmar en formatos subestándar a principios dos anos oitenta do secúlo pasado. A súa forma de traballo rapidamente o achega ao campo do vídeo musical, onde se converte no director ou parte importante das mellores pezas visuais de formacións e artistas como REM, Sonic Youth, Fugazi e Patti Smith. Crecido en Washington pero criado culturalmente nas rúas de Nova York, Cohen practica un cine underground en espírito, formas e medios, capaz de combinar a textura do Súper 8 e o 16 mm co ruído do vídeo, dixital ou analóxico, nunha obra de clara inspiración independente. Documentais, travelogues, ensaios e vídeos musicais (que non videoclips) mestúranse nunha obra tan fotográfica como musical e política, auténtica rebeldía punk levada ao cine.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia
2010-02-08

 
OTRAS NOTAS
Santiago de Compostela acoge este fin de semana la Peregrinación de las Familias
Cidade de Lugo Fluvial, campión de España de Triatlón en cadete femenino
Volta ao cole: Educación convoca axudas para a compra de libros de texto
A semana animada Xacobeo 2010 inclúe a proxección de animación de Filmax
Leonard Cohen, o 12 de Setembro en Ourense
O Museo de Pontevedra acolle a mostra Novos valores
A TIC cubre máis do 80% da prazas para cursar estudos na Escola de Imaxe e Son de Lugo
Mark Knopfler ofrece en Compostela un dos concertos estelares do Xacobeo 2010
Xuventude inicia a campaña Libre para fomentar unha condución segura
2 millóns de euros para iniciativas empresariais de base tecnolóxica