Skip to main content
iniciar sesión

Notas

  • O concurso en liña, convocado para conmemorar o Día das Letras Galegas e o Día de Internet, está dirixido a mozos e mozas que teñan entre 14 e 35 anos, pero calquera persoa interesada poderá ter participación votando polas declaracións que máis lle gusten.
  • Los Enemigos, Fangoria, Love of Lesbian, Lori Meyers, La Casa Azul e El Columpio Asesino son cabezas dun cartel no que figuran un total de 18 grupos e dj’s que se concentran no recinto feiral de Fexdega, en Vilagarcía de Arousa, o 27 e 28 de abril. O Festival do Norte celébrase en torno a tres escenarios: o Estrella Galicia, o Jack Daniel e a carpa FDN Dance Club.
  • Pese a crise económica, Agadic cre que hai unhas grandes expectativas de crecemento para lograr, como obxectivo máximo, duplicar as cifras que sitúan ás industrias culturais no 2,2% do PIB, con máis de 3.000 empresas, 20.000 traballadores e unha facturación de supera os 1.000 millóns de euros.
  • O sábado 21 de abril, a compañía de Teatro Chévere escenifica de novo o seu espectáculo "Ultranoite" no Auditorio da Ramallosa, en Teo, logo do éxito de público das anteriores sesións. O teatro regresa o 28 e 29 de abril a este esceario coa obra "Citizen".
  • Ábrese o período de inscrición para a XIII edición de Xuventude Galicia Net que se celebra en Santiago de Compostela do 4 ao 6 de maio. A prioridade deste ano é a proposta formativa e a busca de emprego, para o que se contará con profesionais e expertos do sector das novas tecnoloxías e da empresa en xeral.
  • Gharbo!, única coprodución de 2012 da unidade de danza da Agadic, preséntase como un espectáculo “multidisciplinar e anovador”. Gharbo! significa para eles esa capacidade compartida de saír adiante, ese trasno, maxia, elegancia e desenvoltura no movemento corporal.
  • Agadic promove unha nova edición dos premios Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, Manuel María de Literatura Dramática Infantil e Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques (modalidades de público infantil e adulto). Están dotados cun premio de 6.000 euros cada un.
  • ExpoCoruña acolle do 11 ao 14 de abril a Mostra Ensino 2012, promovida pola Consellería de Educación e Cultura, que amosará á cidadanía, a realidade do sistema educativo e o Congreso paralelo ocuparáse tamén das TIC, o plurilingüismo e a diversidade nas aulas. Expertos analizan, tamén, o futuro e as potencialidades da formación profesional no ensino.
  • Unha das características máis salientables do proxecto da normativa presentado no Parlamento galego é o cambio do actual modelo de participación xuvenil cara “un verdadeiro” sistema de representación da mocidade.
  • LugoMáxico 2012 vuelve a la primavera y tendrá más actuaciones de calle que nunca y cuatro galas en el Auditorio Gustavo Freire. Serán más de 60 actuaciones a cargo de 30 magos de todo el mundo que harán de las calles de la ciudad un escenario abierto para acercar la magia a la gente.